SERVIZO DE PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA DA
SECCIÓN DE SAR
A EOI de Santiago de Compostela, na sección de Sar,
conta cunha biblioteca situada no segundo andar, que ofrece servizo de consulta
en sala e préstamo a domicilio.
Horario
de apertura
- luns de 18:45 a 19:15
- xoves de 16:00 a 16:20 e de 17:00 a 18:00
Consulta
en sala
Este servizo proporciona o material bibliográfico
para a súa consulta na propia biblioteca ou na sala de lectura. Trátase de
material de referencia, maiormente dicionarios que, pola súa tipoloxía ou
frecuencia de uso, están restrinxidos ás instalacións do centro. Este material
está marcado cun punto vermello.
Préstamo
externo
O servizo de préstamo externo permite aos usuarios
retirar fondos bibliográficos dispoñibles na biblioteca durante un tempo
establecido.
Quen
pode utilizar este servizo?
Poden facer uso do servizo da biblioteca o alumnado
oficial e o alumnado de cursos monográficos e de cursos de formación de profesorado CALC.
Polo
momento, a matrícula libre non inclúe o dereito a este servizo.
Como
facerse socio?
Para facerse socio da biblioteca basta con achegarse
no horario establecido achegando a seguinte documentación:
·
o
DNI ou carnet da escola
·
o
resgardo de matrícula
Pódese renovar o dereito ao servizo anualmente ao
comezo de cada curso, presentando o resgardo de matrícula correspondente.
Como
funciona o proceso de préstamo?
No caso de querer buscar un libro ou material
concreto, pódese facer directamente na biblioteca ou a través de Internet.
Consulte o catálogo dos nosos fondos bibliográficos a través da páxina web da
escola. Para retirar material en préstamo, só terá que presentar o DNI ao
persoal encargado.
Por
canto tempo se pode levar o material prestado?
O préstamo faise por un período máximo de 15 días.
Pódese levar prestado un máximo de tres exemplares de libros, revistas, CDs ou
DVDs de entre todo o material presente na biblioteca, agás o que está marcado
cun punto vermello, que está dispoñible só para préstamo en sala.
Que
pasa se me retraso na devolución?
Aos/as lectores/as que devolvan libros fóra de prazo
restrinxiránselles os préstamos por un total de tantos días como os que se
retivo o material indebidamente.
Os/as lectores/as que non devolvan o material
emprestado terán prohibido levar outro empréstito mentres non restitúan o que
non devolveron. En caso de perda ou estrago de material da biblioteca, deberase
comprar un exemplar novo ou de similares características. No caso de non
repoñelo, o usuario será sancionado con multa do tanto ao cuádruplo do valor do
dano causado.
Pódese
renovar un préstamo?
Os préstamos pódense renovar unha vez por outros 15
días, sempre que o exemplar non estea reservado anteriormente por outro lector
que está esperando por el. Para facelo, diríxase en persoa ao persoal encargado
da biblioteca no horario establecido.
Pódese
reservar un exemplar?
Para reservar un exemplar do seu interese, diríxase
en persoa ao persoal encargado da biblioteca no horario establecido.
Suxestións
Se non dispoñemos do material que busca, pode
suxerir a súa adquisición enchendo este formulario de suxestións de compra.
Normativa
Pode consultar toda a normativa sobre bibliotecas de
Galicia, e os deberes e dereitos dos usuarios nesta ligazón.
No comments:
Post a Comment