Friday 29 September 2023

Opening hours 2023-24

 Good news!

Our library opens on October, 16.


Watch this video and find out how to make the most of our library!

Please, don't forget to read our rules and regulations before you come. Thanks in advance and hope to see you there!

Thursday 28 September 2023

Library rules and regulations 2023-24

Help us provide a good service by observing the following rules and regulations:




SERVIZO DE PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA DA SECCIÓN DE SAR

A EOI de Santiago de Compostela, na sección de Sar, conta cunha biblioteca situada no segundo andar, que ofrece servizo de consulta en sala e préstamo a domicilio.

Horario de apertura
  •  luns de 16:30 a 17:50 e de 18:50 a 20:30
  • xoves de 20:45 a 21:15

Consulta en sala
Este servizo proporciona o material bibliográfico para a súa consulta na propia biblioteca ou na sala de lectura. Trátase de material de referencia, maiormente dicionarios que, pola súa tipoloxía ou frecuencia de uso, están restrinxidos ás instalacións do centro. Este material está marcado cun punto vermello.

Préstamo externo
O servizo de préstamo externo permite aos usuarios retirar fondos bibliográficos dispoñibles na biblioteca durante un tempo establecido.

Quen pode utilizar este servizo?
Poden facer uso do servizo da biblioteca o alumnado oficial e o alumnado de cursos monográficos e de cursos de formación de profesorado CALC.
Polo momento, a matrícula libre non inclúe o dereito a este servizo.

Como facerse socio?
Para facerse socio da biblioteca basta con achegarse no horario establecido achegando a seguinte documentación:
·       o DNI ou carnet da escola
·       o resgardo de matrícula
Pódese renovar o dereito ao servizo anualmente ao comezo de cada curso, presentando o resgardo de matrícula correspondente.

Como funciona o proceso de préstamo?
No caso de querer buscar un libro ou material concreto, pódese facer directamente na biblioteca ou a través de Internet. Consulte o catálogo dos nosos fondos bibliográficos a través da páxina web da escola. Para retirar material en préstamo, só terá que presentar o DNI ao persoal encargado.

Por canto tempo se pode levar o material prestado?
O préstamo faise por un período máximo de 15 días. Pódese levar prestado un máximo de tres exemplares de libros, revistas, CDs ou DVDs de entre todo o material presente na biblioteca, agás o que está marcado cun punto vermello, que está dispoñible só para préstamo en sala.

Que pasa se me retraso na devolución?
Aos/as lectores/as que devolvan libros fóra de prazo restrinxiránselles os préstamos por un total de tantos días como os que se retivo o material indebidamente.
Os/as lectores/as que non devolvan o material emprestado terán prohibido levar outro empréstito mentres non restitúan o que non devolveron. En caso de perda ou estrago de material da biblioteca, deberase comprar un exemplar novo ou de similares características. No caso de non repoñelo, o usuario será sancionado con multa do tanto ao cuádruplo do valor do dano causado.

Pódese renovar un préstamo?
Os préstamos pódense renovar unha vez por outros 15 días, sempre que o exemplar non estea reservado anteriormente por outro lector que está esperando por el. Para facelo, diríxase en persoa ao persoal encargado da biblioteca no horario establecido.

Pódese reservar un exemplar?
Para reservar un exemplar do seu interese, diríxase en persoa ao persoal encargado da biblioteca no horario establecido.

Suxestións
Se non dispoñemos do material que busca, pode suxerir a súa adquisición enchendo este formulario de suxestións de compra.

Normativa
Pode consultar toda a normativa sobre bibliotecas de Galicia, e os deberes e dereitos dos usuarios nesta ligazón.